sábado, 5 de junio de 2010

Preprodución: Os Actores

A grande baza dende o primeiro momento da nosa curta foi sempre contar coa aparición de Tonhito de Poi coma actor principal. Aínda que algunhas cousas ían saíndo mal, semellaba que ter a Tonhito connosco seguía dándonos algo para ser optimistas.

Pero cando as cousas van mal, parece que todo ten pinta de sair mal. O señor Tonhito de Poi caeusenos do reparto a unha escasa semana de comezar a grabar. Foi o primeiro momento no que se planteou non rodar a curta. As gañas de grabar sempre foron máis grandes que os contratempos que un tras outro ían xurdindo, asi que coa axuda do noso productor executivo decidiuse tirar pra adiante e porse en contacto con outro actor para o papel inicial.
E a verdade é que o que parecía que era un contratempo, ao final foi unha das mellores cousas que nos puido pasar. Contactamos co señor Carlos Meixide, unha elección perfecta. Viña de gañar o premio Mestre Mateo e o seu talento para a curta foi determinante.

El sería o mestre.




En canto ao resto do reparto, o único que nunca sufriu modificacións dende o comezo foi o resto de persoaxes de xente adulta. Para o papel de directora, contamos con Merche Pérez. No papel de Vidal, un actor pontevedrés de teatro foi o que nos botou unha man desta, Manuel Lourido. E sobre todo, como xefe de estudios, un coñecido de todos nós, Santi Prego. En palabras del, levaba moito tempo sen aceptar traballar en curtas e con esta fixo unha excepción. Algo que só é de loar e agradecer dende o noso equipo.

En canto aos actores máis xoves, aquí foi onde tamén tivemos problemas. O reparto final non foi o que se contaba ao principio ou o que esperabamos. Os distintos cambios de guión e localización fixo que moveramos o plan de traballo cada pouco, e foron caendo moitos con eses plans.

Foi unha pena, porque a maioría que tiñamos ao principio eran actores da esola de arte dramático. A pesar que ao final quedamos con actores máis noveis, tivemos unha grata sorpresa de última hora, que foi a incorporación ao reparto de Adrián Ríos, un prometedor actor que acababa de aterrizar fai uns días dende Brasil, onde participou na última película de Antón Reixa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario