sábado, 5 de junio de 2010

Preprodución: Os Actores

A grande baza dende o primeiro momento da nosa curta foi sempre contar coa aparición de Tonhito de Poi coma actor principal. Aínda que algunhas cousas ían saíndo mal, semellaba que ter a Tonhito connosco seguía dándonos algo para ser optimistas.

Pero cando as cousas van mal, parece que todo ten pinta de sair mal. O señor Tonhito de Poi caeusenos do reparto a unha escasa semana de comezar a grabar. Foi o primeiro momento no que se planteou non rodar a curta. As gañas de grabar sempre foron máis grandes que os contratempos que un tras outro ían xurdindo, asi que coa axuda do noso productor executivo decidiuse tirar pra adiante e porse en contacto con outro actor para o papel inicial.
E a verdade é que o que parecía que era un contratempo, ao final foi unha das mellores cousas que nos puido pasar. Contactamos co señor Carlos Meixide, unha elección perfecta. Viña de gañar o premio Mestre Mateo e o seu talento para a curta foi determinante.

El sería o mestre.




En canto ao resto do reparto, o único que nunca sufriu modificacións dende o comezo foi o resto de persoaxes de xente adulta. Para o papel de directora, contamos con Merche Pérez. No papel de Vidal, un actor pontevedrés de teatro foi o que nos botou unha man desta, Manuel Lourido. E sobre todo, como xefe de estudios, un coñecido de todos nós, Santi Prego. En palabras del, levaba moito tempo sen aceptar traballar en curtas e con esta fixo unha excepción. Algo que só é de loar e agradecer dende o noso equipo.

En canto aos actores máis xoves, aquí foi onde tamén tivemos problemas. O reparto final non foi o que se contaba ao principio ou o que esperabamos. Os distintos cambios de guión e localización fixo que moveramos o plan de traballo cada pouco, e foron caendo moitos con eses plans.

Foi unha pena, porque a maioría que tiñamos ao principio eran actores da esola de arte dramático. A pesar que ao final quedamos con actores máis noveis, tivemos unha grata sorpresa de última hora, que foi a incorporación ao reparto de Adrián Ríos, un prometedor actor que acababa de aterrizar fai uns días dende Brasil, onde participou na última película de Antón Reixa.

viernes, 4 de junio de 2010

O Mestre: Crónica dunha ''PreProdución''

Moito tempo pasou dende a derradeira actualización que se fixo deste blogue. As cousas trocaron brutalmente dende ese último post, e de que forma.

Toda a idea inicial que os principais impulsores do proxecto tiñamos foi caendo pouco. Se a preprodución non foi levada por bo camiño dende o principio, ante os problemas que ían xurdindo todo empeoraba e achegábase a un momento case irreversible.

Atopamos dous institutos para ambientar a nosa historia. Eran perfectos, co toque perfecto de terror que buscabamos. Vimos as clases, os corredores, as entradas...todo tiña o aspecto que nós buscabamos. O gran problema sería tapar calquer mínimo espacio por onde poidera entrar un pouco de luz, xa que tiñamos que ambientar noite en pleno mes de xuño, cos problemas que obviamente, todo iso supuña.

Tras barallas as primeiras posibilidades para tapar a luz, chegamos a que a única forma posible para que nos saira todo mal sería ter que grabar de noite. Os nosos medios non nos permitían outra cousa. Estes colexios públicos no nos permitían esta opción, así que estabamos nunha situación máis que delicada.

As nosas intencións eran as de grabar. E tivemos que recurrir á unha das últimas opcións que tiñamos, grabalo na nosa Escola de Audiovisual. A estética e completamente distinta á dos colexios anteriores. É fría, austera e cun toque moderno que o que menos infunda de noite é medo. Polo menos aquí poderíaos grabar unha noite, o que nos avanzaría e facilitaría moito máis o traballo, xa que a metade da curta está ambientada pola noite.

As esceas de noite que non poideramos grabar ese día teriamos que falsealas polo día, e aquí tamén tiñamos máis facilidades quizais, para escurecer a luz que entra polas fiestras.

A trancas e barrancas quedámonos co noso instituto coma localización. Aínda que non fora unha das nosas principais opcións, adaptamos o que pudimos nel, pra facer o mellor traballo que podíamos.

Non foi a única traba na preprodución....isto continuará.....

lunes, 19 de abril de 2010

Toñito de Poi

Queda confirmado Toñito de Poi como actor principal,

o coñecido musico e actor, confirmounos esta mañán o seu interese na curta.

lunes, 12 de abril de 2010

Mais localizacions!

O pasado vernes 9 visitamos 2 posibles localizacions.
Instituto Snta. Irene, e Magisterio/Seminarios.

Nelas comprobamos todo o necesario, dispoñibilidade, ambientacion, iluminacion, accesos...

As duas cumpren as espectativas, pero unha ten por contra a implicacion relixiosa.

En breves mais info e subiremos fotos.

miércoles, 7 de abril de 2010

Cambio de nome

No dia de onte, 6 de abril, decidimos mudar de nome.

A curta pasa a chamarse "O Mestre".

Tamen seleccionamos un tagline : "Hai leccións que terás que aprender"

Comezamos a sinopse e a describir as personaxes.

lunes, 15 de marzo de 2010

Localizacions..

Moi boas!
Hoxe, 15 de marzo, traballamos na creacion da ficha de localizacions.

Tamén empezamos na busqueda de localizacións, achando unha válida.
Contrastamos toda a información, comprobamos medios da instalación, confirmamos horas de luz da data de rodaxe, ect..

Sen máis... seguimos traballando!

Estreamos Blogg

Moi boas!

Comezamos o blogg presentando a produción da curta "Memento Mori".

O equipo:
Diego C. Falque - Director
Mateo Hernandez - Produtor
Victor Gómez - Axudante produción
Jaime E. Serín - Axudante de direción
Xurxo Blanco "Qrko kóliko"- Auxiliar de produción

Neste blogg iremos comentando o proceso dia a dia.

Un saudo!